Que é a mediación?

A mediación é un medio de solución de controversias no que dúas ou máis partes intentan voluntariamente acadar por si mesmas un acordo coa intervención dun mediador. Ninguén está obrigado a manterse no procedemiento de mediación, nin a concluir un acordo.

Máis

Qué é a arbitraxe?

A arbitraxe é un medio de solución de conflictos, de carácter formal, no que as partes someten a súa controversia á decisión dun ou máis árbitros imparciais. A decisión, denominada laudo arbitral, ten a mesma forza ca cunha sentenza xudicial, e pode ser apelada nos tribunais ordinarios por causas taxadas. ​

Máis

Intermediación

O instituto Galego de mediación e arbitraxe fornece a través dos Colexios da avogacía de Galicia, o proceso de intermediación previo aos procesos de recuperación de vivenda

Máis

Qué é o INGALMAR?

Acordo de creación do Instituto galego de mediación e arbitraxe

CREACIÓN DO INSTITUTO GALEGO DE MEDIACIÓN E ARBITRAXE (INGALMAR)

O Pleno do Consello da Avogacía Galega, reunido en sesión do día 31 de outubro de 2013, adoptou por unanimidade o seguinte acordo:

Créase o Instituto Galego de Mediación e Arbitraxe.

A Lei 5/2012, de 6 de xullo, de mediación en asuntos civís e mercantís regula as institucións de mediación, as cales están destinadas a ter un papel preponderante á hora de ordenar e fomentar os procedementos de mediación. Entre as devanditas institucións inclúese ás corporacións de dereito público que teñan entre os seus fins o impulso da mediación, como ocorre cos colexios profesionais en virtude da reforma introducida pola propia Lei 5/2012 na Lei 2/1974 que, na letra ñ do seu artigo 5 atribúe aos Colexios de Avogados, entre as súas funcións, a de:

«Impulsar e desenvolver a mediación, así como desempeñar funcións de arbitraxe, nacional e internacional, de conformidade co establecido na lexislación vixente.»

Pola súa banda, a Lei 11/2001, de 18 de setembro, de colexios profesionais da Comunidad Autónoma de Galicia establece que os Consellos autonómicos de colexios teñen, entre outras, as seguintes funcións:

Artigo 26. Funcións
Os consellos galegos de colexios terán, ademáis das funcións que determinen os seus estatutos, as seguintes:
(…)
j. Realizar aquelas actividades que se estimen de interese para os profesionais e as demais funcións que lles atribúyan la legislación vigente y sus estatutos

Pola súa parte, o Estatuto do Consello da Avogacía Galega, aprobado por D 130/1993, do 3 de xuño, da Xunta de Galicia, establece:

Artigo 5

No ámbito territorial da súa competencia, terá as seguintes funcións:
5.1. As atribuídas ó Consello Xeral da Avogacía Española pola Lei de colexios profesionais, en canto teñan ámbito ou repercusión soamente no territorio da Comunidade Autónoma e cantas outras lle foran encomendadas por virtude de disposicións xerais ou especiais, sempre que non interfiran na autonomía e as competencias propias de cada colexio.
5.4. Fomentar, crear e organizar institucións, servizos e actividades con relación á profesión de avogado, que teñan por obxecto a formación e perfeccionamento profesional promoción cultural, a asistencia social e sanitaria, a previsión, a cooperación e o mutualismo, o fomento da ocupación e outras actuacións convenientes. (...)
5.5. (...) Así mesmo terá a función, compartida neste caso con todos ou con calquera dos colexios, de convocar ou patrocinar outros actos científicos e culturais.
5.7. A colaboración cos poderes públicos na realización e pleno desenvolvemento dos dereitos da persoa e das institucións dentro do seu propio territorio, e na máis eficiente, xusta e equitativa protección, regulación e garantía dos dereitos e liberdades da persoa.
5.20. Impulsar e desenvolver a mediación, así como desempeñar funcións de arbitraxe, nacional e internacional, de conformidade co establecido na lexislación vixente, podendo constituirse en institución de mediación e en administrador de arbitraxes*.
5.21. Calquera outra función similar ás contidas nos apartados anteriores non expresamente determinadas neles, así como aquelas que lle sexan transferidas ou delegadas polo Consejo General de la Abogacía Española"

* A competencia sinalada co número 5.20 está pendente de aprobación pola Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia

En relación ás actividades de mediación e arbitraxe, desde esa óptica, e sen vulnerar ou forzar norma ningunha nin invadir competencias dos colexios de avogados, é conveniente que o Consello da Avogacía Galega asuma certas funcións de coordinación e apoio aos centros, servizos ou institucións de mediación creados ou que se creen nos colexios de avogados de Galicia, por mor da entrada en vigor da Lei 5/2012, de Mediación. Tamén parece conveniente que esas funcións se extendan á arbitraxe, dado que existen tribunais de arbitraxe constituídos en algúns colexios, sen que exista coordinación entre eles nin un apoio institucional ou corporativo

En tal sentido, e para paliar tales carencias, o Consello da Avogacía Galega pon en marcha a creación dun instituto de mediación e arbitraxe, que xirará baixo a denominación de INGALMAR (acrónimo de Instituto Galego de Mediación e Arbitraxe), coas funcións que se detallarán.

En relación á nomenclatura, foi obxecto de debate e decisión en anteriores plenos deste órgano, téndose reservado o nome dos dominios de nivel superior ou TLD (.com. .es, etc.) para a súa presenza en internet. Quedaba ate hoxe pendente de definición a natureza e funcións do dito órgano, e a súa posición respecto dos centros de mediación e tribunais de arbitraxe dos colexios de avogados creados ou que se creen no futuro.

Así as cousas, o Ingalmar será un servizo ou instituto sen personalidade xurídica propia, dependente do Pleno do Consello e dirixido ou coordinado por un avogado designado por este.

As atribucións do Ingalmar serán as seguintes:

a) Promover a mediación e a arbitraxe como medios alternativos de resolución de conflictos, e da figura do avogado mediador como profesional idóneo para dirixir estes procedementos.
b) Coordinar as actividades conxuntas dos centros de mediación creados ou que se creen polos colexios de avogados de Galicia.
c) Promover públicamente e difudir as actividades dos centros de mediación dos colexios de avogados de Galicia, informando á sociedade da súa existencia e características.
d) Crear e manter un rexistro de avogados mediadores e árbitros en coordinación cos rexistros dos centros de mediación e cortes de arbitraxe dos colexios de avogados.
e) Fornecer unha plataforma tecnolóxica para que os centros de mediación e tribunais de arbitraxe dependentes dos colexios de avogados poidan xestionar as súas mediacións e arbitraxes electrónicos (on line), mediante un sistema que garanta a privacidade e a fiabilidade dos procedementos, así como a independencia entre todos eles.
f) Formar aos profesionais da avogacía para que adquiran os coñecementos, técnicas e habilidades do mediador e do árbitro, a través da comisión de formación do Consello da Avogacía Galega e en estreita coordinación cos colexios e as Escolas de Práctica Xurídica. Formar, tamén, aos letrados que non queiran exercer como mediadores ou árbitros pero que eventualmente interveñan neses procedementos como avogados da parte.
g) Constituirse nun foro profesional que permita o debate e estudo das figuras e institucións propias da mediación e da arbitraxe.
h) Colaborar con outras institucións ou entidades que teñan semellantes fins.
i) Someter ao pleno a aprobación dos seus regulamentos.
j) Calquera outra función derivada ou relacionada coas anteriores, que non invada as competencias dos colexios de avogados ou de outras institucións que a tivesen reservada.

A configuración do instituto permitirá así cumprir coas atribucións de coordinación que lle pertencen ao Consello para favorecer os intereses comúns dos colexios, sen impoñer unha duplicidade ou solapamento perturbadores das funcións que legal ou estatutariamente corresponden a estes.
Respecto das actividades de mediación e arbitraxe, adoptaranse as medidas para asegurar a separación entre ambas, na medida e que o Consello interveña como apoio á xestión realizada polos colexios.
Respecto do rexistro de mediadores e árbitros, cómpre poñelo en marcha, inscribindo de oficio a aqueles mediadores e árbitros que estean xa inscritos nos rexistros de mediadores de cadanseu colexio, a efectos de publicidade. A tal fin, o colexio remitirá a listaxe ao Consello.
O Ingalmar poderá inscribir, ademais, a aqueles avogados mediadores pertencentes, en calidade de residentes, a algún dos colexios de avogados de Galicia, únicamente cando o rexistro do colexio de adscrición non estea creado. Neste caso, a inscrición será a instancia do interesado/a e o Pleno decidirá respecto da taxa que, no seu caso, se impoña.
Os requisitos de formación e competencia esixidos para acceso ao rexistro serán determinados pola Comisión de formación do Consello, e aprobados polo Pleno, e contemplarán unha formación teórica e práctica suficiente.

Santiago, 31 de outubro de 2013

Ámbitos

  • intermediación en materia de vivenda
  • mediación civil
  • mediación familiar
  • mediación mercantil
  • mediación penal
  • mediación penitenciaria
  • mediación escolar